APOIO E AXUDA ÓS COIDADORES

Dada a importante contribución que realizan os coidadores de persoas maiores con demencia, resulta esencial evitar que se queimen, que se esgoten. Unha estratexia para conseguilo sería eliminar a situación de coidado, pero isto non sempre é posible, e en ocasións tampouco é nin o desexado polos coidadores nin o desexable para as persoas con demencia ás que coidan. Por iso o obxectivo será, na maioría dos casos, permitir ós coidadores desempeñar o seu rol nas mellores condicións posibles, tanto para eles mesmos coma para os familiares con demencia ós que prestan a súa axuda.

Non sempre o coidador de persoas con demencia será consciente da súa problemática emocional. Non sempre o coidador recoñecerá a súa necesidade de manexar adecuadamente o estres ó que vese sometido. De aí que os profesionais das AFAs sexamos os que máis obxectivamente recoñezamos a problemática, intentando previr a aparición dos problemas de ansiedade, depresión, sobrecarga emocional,…ou tratar de axudarlle a manexalos a través de:

Dar información ó coidador.
Escoitar os seus problemas.
Tratar de ofrecer estratexias de afrontamento adaptativas dos mesmos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad