Tipos de demencias

ESQUEMA DE CLASIFICACIÓN DOS TIPOS DE DEMENCIAS

1. Demencias primarias ou dexenerativas

De tipo cortical:
  • Enfermidade de Alzheimer.
  • Demencia por Corpos de Lewy Difusos.
  • Demencias fronto-temporais: Enfermidade de Pick, Demencia Semántica, Afasia progresiva non fluida, e outras formas.
De tipo subcortical:
  • Demencia na Enfermidade de Parkinson.
  • Enfermidade de Huntington.
  • Parálisis Supranuclear Progresiva.
  • Outras formas.
Formas mixtas

2. Demencias secundarias

Vascular:
  • Demencia multiinfarto.
  • Demencia por infarto estratéxico.
  • Demencia por enfermidade de pequeno vaso, de predominio subcortical (enfermidade de Binswanger, estado lacunar, anxiopatía amiloide con hemorraxias, CADASIL).
  • Demencia por isquemia-hipoxia.
  • Demencia por hemorraxias.
  • Outras formas.
Por expansións intracraneais:
  • Hidrocefalia, tumores,…
De orixen infeccioso:
  • VIH, priónicas, neurosífile,…

Outras orixes:

  • Endocrino: hipotiroidismo, disfunción tiroidea,…
  • Metabólicas: uremia, porfiria, enfermidade de Wilson,…
  • Carenciais: déficil de vitamina B12, de fólico, de tiamina, de niacina,…
  • Tóxicos: Demencia alcohólica, por metáis, fármacos,…
  • Vasculitis: Lupus, Enfermidade de Behçet,…
  • Traumatismos: Demencia postraumática, Demencia puxilística,…

3. Demencias combinadas ou de etioloxía múltiple:

Mixta (vascular e dexenerativa).
Outras Demencias combinadas.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad