Quen somos

AFAMON (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Monforte) constitúese en Asociación sen ánimo de lucro e de carácter benéfico o 2 de xullo de 2001, logo de que un grupo de familiares que tiñan ó seu cargo un enfermo de Alzheimer ou doutro tipo de demencia, constataran a escaseza de recursos na Comarca de Terra de Lemos de atención, ás súas necesidades e ás dos seus seres queridos.

Afamon está inscrita no Rexistro provincial de Asociacións en Lugo da Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza co nº: 002425-1ª, e foi declarada de Utilidade Pública por Orde do 18 de outubro de 2010 da Xunta de Galicia.

No ano 2018 a Asemblea Xeral está formada por 90 socios.

Misión: procurar a mellora da calidade de vida das persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer así como doutro tipo de demencia e a dos seus familiares.

Fins estatutarios:

a) Prestar asistencia psicolóxica e social ós familiares dos afectados pola enfermidade de Alzhéimer, outras demencias ou enfermidades neurodexenerativas.

b) Proporcionar información e asesoramento ós familiares e coidadores das persoas enfermas en materia legal, social e de saúde.

c) Instar ás Administracións Públicas e solicitar colaboración das entidades privadas para mellorar a atención sociosanitaria das persoas afectadas pola enfermidade de Alzhéimer outras demencias ou enfermidades neurodexenerativas.

d) Promover accións para difundir nos medios de comunicación social e desenvolver actividades de sensibilización social respecto da problemática sociosanitaria das demencias e enfermidades neurodexenerativas.

e) Elaborar e realizar programas de actividades que respondan ás demandas dos familiares e coidadores para unha mellor atención integral as persoas enfermas e ós seus familiares.

f) Estimular as investigación e estudos sobre a etioloxía e tratamentos das demencias e as enfermidades neurodexenerativas.

g) Apertura e mantemento de centros de atención a persoas con Alzhéimer, outras demencias e enfermidades neurodexenerativas.

h) Pertencer a federacións ou confederacións de asociación de ámbito rexional, nacional ou internacional, así como fundacións e outras organización, tanto gobernamentais coma non, que teñan os mesmos obxectivos ou fins que esta asociación.

i) Promover os dereitos de igualdade de oportunidades.

j) Desenvolver e dinamizar accións de envellecemento activo e saudable, prevención e detección precoz das demencias e enfermidades neurodexenerativas.

k) Promover accións para atender ás familias coidadoras de persoas cunha demencia ou enfermidade neurodexenerativa en todos os aspectos que estas enfermidades afectan: benestar social, sanidade, dependencia, discapacidade, maiores, muller, infancia, educación, exclusión social, xustiza, seguridade e todos aqueles que se detecten no desenvolvemento do seu traballo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad